Tuesday 14 de May de 2024

O Concello substituirá 21 luminarias na rúa da Torre para conseguir unha mellora eficiente da iluminación


A medida implicará un aforro enerxético do 18%

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Infraestruturas que dirixe Martín Fernández Prado, informa do inicio mañá, mércores 19 de novembro, dos traballos de mellora eficiente da iluminación na rúa da Torre, en concreto no tramo comprendido entre Santo Tomás e Marconi.
Cun presuposto de 29.815,89 euros, a actuación consiste na substitución dos puntos de luz nesta zona, un total de 21 luminarias, co obxectivo de modernizar estas instalacións que estaban obsoletas. A medida, que dotará ao vial dunha luz cálida, eficiente e con posibilidade de regulación, permitirá rebaixar o consumo enerxético actual de 4.250 vatios, nun 18%.
Esta iniciativa, que se suma aos traballos finalizados a pasada semana no Portiño, forma parte da Estratexia Enerxética que o Concello da Coruña puxo en marcha co obxectivo de reducir, nun 20%, o consumo de enerxía de cara a 2020, o que supoñería aforrar 9,2 millóns de kwh ao ano.